Bo día!
Ao tonto e xa estamos no ecuador da semana, o tempo pasa voando. Hoxe quero lembrarvos a importancia de seguir unha rutina na casa. Pensade que pasamos de saír con completa liberdade a pasar ao confinamento obrigatorio de un día para outro e iso costou un montón.
Pero se durante este tempo na casa non levamos unha rutina saudable e, ao mesmo tempo, flexible, a volta á "normalidade" custará aínda máis. Non é o mesmo pasar unha fin de semana de manta e sofá, cos horarios cambiados e comendo trapalladas, que facer iso durante semanas ou meses, non credes?
Por iso, e a pesar de que xa deixei recomendacións ao respecto nas primeiras publicacións, deíxovos un pequeno recordatorio que publicaron no CEIP Eusebio da Garda. Curto, sinxelo e claro, espero que vos guste. Só tedes que premer na imaxe.
E xa para rematar, por se segue habendo dificultade á hora de pensar en que podemos facer na casa, déixovos unhas propostas, esta vez en modo de conto.
Unha aperta da profe Lydia
Moi boas!
ResponderEliminarEstou de acordo na importancia das rutinas, o noso corpo e o noso metabolismo, precisa delas.
O conto está moi chulo! Canta xente amable e desinteresadamente comparte os seus recursos. Algo moi bo pode sair destos momentos tan difíciles.
Grazas profe Lydia!
Amparo.
Gracias a ti, profe Amparo por compartir tamén moitos recursos relacionados cos hábitos e coa saúde, a través do blog de titoría e do de Educación Física, xunto co profe Guillermo. Entre todos imos poñendo o noso gran de area.
ResponderEliminar