Boas de novo!
Despisteime de que hoxe era día 2 de abril e que, como cada ano, se celebra o Día Mundial do Autismo co obxectivo de concienciar a sociedade e promover a inclusión das persoas con TEA (Trastorno de Espectro Autista).
Non todos as persoas con TEA son iguais nin teñen o mesmo grado de afectación. Se queredes saber un pouco máis das características principais que soen presentar, premede na imaxe.
Déixovos tamén cun vídeo que me chegou a través dun grupo de whatsapp de orientador@s do que formo parte. Trátase dunha canción de Seso Durán baseada no conto "El día de Manuel"
Ser diferente é só eso, ser distinto, nin mellor nin peor. Non hai dúas persoas iguais e, tede por seguro, non hai ningunha persoa perfecta. Todas as persoas somos diferentes pero iguais en dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario