Cada ano celebramos o 23 de abril o día do libro. Normalmente temos actividades no centro que incluían os últimos anos, invitar ás familias á vir ao centro a facer a lectura silenciosa co alumnado e profesorado. Obviamente iso non o podemos facer, pero non significa que non podamos celebralo doutras maneiras.
A miña forma de celebrar este día é compartindo varios recursos relacionados co tema. O primeiro deles é invitaros a visitar o Salón Virtual do libro. Este ano, por motivos obvios, non hai Salón do libro en Pontevedra. Pero sí hai unha proposta virtual con actividades coas que podedes pasar un bo rato. Se premedes no enlace accederedes a elas.
O resto dos recursos de hoxe son 3 libros que vos poden interesar por distintos motivos. Se premedes nas imaxes accederedes aos libros en pdf.
"Un cuento para la imaginación" é un conto interactivo para ler en familia cos máis cativos e ir construíndo a historia contestando ás preguntas que aparecen.
"La máquina del tiempo" trata dun neno que ten que pensar que quere de agasallo de aniversario porque a súa avoa así llo pediu. É interesante ver como vai cambiando de opinión e por que.
O último libro titúlase "Mi casa es un castillo". Presenta rutinas para os nenos e nenas que non poden saír da casa e unha breve introdución para as familias para orientar no seu uso.
Espero que vos gusten. Que teñades un bo día!
Unha aperta da profe Lydia
Bo día para ti tamén profe Lydia! E grazas polos teus libros! Así pois a cambio .... 🌹🌹🌹🌺🌷🍀
ResponderEliminarBicos!
Amparo.
Graciñas polas flores.
ResponderEliminarBicos!
Lydia