Bo día! Chegou o momento das vacacións, de que alumnado e profes apaguemos o "modo cole" durante uns días. Vai ser un pouco raro pasar as vacacións metidos na casa pero hai que sacarlle o máximo partido.
Teño dúas propostas para esta despedida temporal, aptas para todas as idades. A primeira delas trata de que nos enfoquemos no positivo e non no negativo do que estamos a vivir; que disfrutemos das pequenas cousas, do que sí podemos facer. É unha proposta que non é nova, pero que me parece axeitada para esta situación. Se premedes na imaxe accederedes a unha publicación do 2018 de superpt.es onde se explica en que consiste.
A segunda das propostas, e xa como despedida, ten que ver con recordarvos que hai que quedar na casa. Pero se é en forma de canción, e ademais apoiada en lingua de signos, moito mellor. Graciñas profe Ángeles por compartir onte o enlace a este vídeo.
Os mestres e mestras todavía non sabemos que é o que vai pasar coa terceira avaliación, estamos exactamente igual que as familias. As autoridades aínda están a tomar decisións e esperamos que durante as vacacións, ou xusto á volta, se nos comunique cal é o enfoque a seguir para o que queda de curso. Así que intentemos desconectar estes días e a ver que sucede despois.
Ata o martes 14 de abril.!
Unha aperta da profe Lydia
No hay comentarios:
Publicar un comentario