Bo día! Espero que estes días de vacacións, aínda que fosen dende o confinamento das nosas casas, vos serviran para desconectar un pouquiño. Pero xa chegou o momento de inaugurar o terceiro trimestre.
Sei que a moitas persoas a volta ao traballo ou aos estudios non a levan especialmente ben e, nestas circunstancias, aínda menos. Cos nenos e nenas sucede o mesmo, e máis se xa de por sí hai dificultades coas tarefas curriculares. De momento non recibimos instruccións sobre como organizar o terceiro trimestre así que, mentres isto non suceda, seguro que todo o profesorado tratará de subir contido de reforzo ou de repaso, algo que xa se soe facer ao voltar dun periodo non lectivo.
Para poñer o meu gran de area á hora de facilitar esta volta ás clases (aínda que non sexan presenciais) hoxe teño dous recurso para vós:
O primeiro recurso é un libro de Weeblebooks especialmente adicado aos máis cativos, o alumnado de infantil. É un libro sonoro. Para escoitar os sons tedes que descargar o libro no pc e ter habilitada a última versión de flash player. Se premedes na imaxe accederedes ao enlace para poder descargalo.
O segundo recurso de hoxe ten que ver co mencionado ao principio da publicación. Volver ás clases, ao traballo, ou mesmo o confinamento, poden ser situacións que nos agobien un pouco. Pero sentirse nervioso, ansioso, agobiado pode ser algo que acontece en calquer momento. Crear un rincón da calma para baixar revolucións durante un rato non é algo que se acabe de inventar, pero pode ser un bo recurso para empezar a empregar agora. Atopei un artigo estupendo onde se explican os beneficios deste tipo de rincóns e instruccións para crealos no excelente blog Clubpequeslectores. Se premedes na imaxe accederedes ao artigo.
Lémbrovos que, como orientadora do centro, estou á vosa disposición para resolver dúbidas, preparar ou buscar material específico que necesitedes... Podedes poñervos en contacto comigo nos comentarios desta publicación ou enviando un email a oscativosdareboraina@gmail.com Se está na miña man axudar, tede seguro que así o farei.
Que teñades un bo día!
Unha aperta da profe Lydia
No hay comentarios:
Publicar un comentario