miércoles, 21 de septiembre de 2011

Aprender xogando

Visitando o blog "O manantial" do grupo de 3º A, comprobei que a profe Luisa vai por diante de min no que a colgar recursos educativos se refire. Gustáronme moito os enlaces de xogos de mate e lingua que colgou e tamén os colguei no noso blog. A partir deste momento os enlaces a distintos recursos educativos da rede podedes atopalos na sección da esquerda, distribuidos por materias. Agora só se trata de escoller e...a xogar e aprender á vez!

2 comentarios:

  1. Aquí estamos para sxudarnos e aprender uns cos outr@s. Eu vouche a copiar a idea de ir colgando na barra lateral os xogos que vaiamos seleccionando para este curso.

    Un saúdo para ¨Os cativos da Reboraina¨

    ResponderEliminar
  2. Tes toda a razón, o que non se lle ocurre a un ocúrreselle ao outro e entre todos tiramos para adiante.
    Os cativos da Reboraina tiveron hoxe "sesión de blog" e, entre outros, visitamos o voso, como debe ser.

    Saúdos para O manantial

    ResponderEliminar