jueves, 15 de septiembre de 2011

Mirando o blog e outras historias...

Hoxe foi un día intenso. Marcos chegou a dicir que marchaba tan canso que ía durmir dun tirón...
Comezamos o día visitando o noso blog. Proxectamos na aula para poder velo todos á vez, e como non temos pantalla na nosa aula, unha cortina de ducha solucionou o problema...hai que apañarse nesta vida!
Coñecemos as distintas partes e seccións do blog e visitamos os blogs recomendados: o do ciclo de infantil do noso cole (Pequesreboreda) e o blog da biblio do meu anterior cole.
Visitamos O blog de Donte porque o curso pasado traballamos o tema dos contos, xusto o que imos traballar no CEIP de Reboreda neste ano, e así iamos collendo ideas. A continuación fixemos un listado con todas as propostas para decorar a nosa aula e o corredor: estes nenos e nenas son moi creativos e dispostos!
Despois chegou a parte dura: ver que recordamos das mates do curso anterior. Costoume moito non axudalos pero necesito saber onde teñen problemas e onde non para partir de ahí para programar.
A continuación chegou a clase de Coñecemento do Medio en inglés coa profe Martina e logo o respiro do recreo. Menos mal que descansaron "do traballo mental" porque a continuación tocaba saber que tal están na área de lingua: dictado, actividades de comprensión lectora, ortografía...
Finalmente chegou a hora de marchar coa carpeta que vai ir e vir do cole á casa coas notas para as familias ou responsables legais, cos libros, libretas ou fichas para facer na casa...
Mañá remata a primeira semana de clase cunha valoración moi positiva en canto ao comportamento e motivación do grupo, espero que sigamos así.

4 comentarios:

  1. ¡Noraboa a Irea pola proposta acertadísima de título para o blog! Contade tamén con nós para aproveitar esta ferramenta de traballo. ¡Que este novo curso transcurra tranquilo para todos!
    Cati.

    ResponderEliminar
  2. Ola chic@s! Canto me alegra saber que vades empezar a traballar nun blog. Estarei atenta a todo o que facedes. Xa nos iredes contando.
    Ata pronto!

    ResponderEliminar
  3. Hola Galileos!!! Cómo me alegro de que volvais a tener un blog y podamos ver las cosas que haceis en el cole. Yo os voy a enlazar con el blog de mi escuela por que así los Pingotas y los Cocos también podrán veros .

    Me acuerdo muchísimo de vosotros, de todos y cada uno de vosotros .Espero que le demostreis a la profe Lydia que sois un grupo excepcional, creativos,trabajadores,y muy muy buenos.

    Os mando desde Casalonga un abrazo y un besazo a todos.

    La profe Susana

    ResponderEliminar
  4. Nunha semana de clase "os cativos da Reboraina" xa demostraron que son un grupo excepcional, tal e como di a profe Susana. Tamén enlazaremos co voso blog.

    Saúdos.

    A profe Lydia

    ResponderEliminar