martes, 27 de septiembre de 2011

Que me conta...Jose Rodriguez

Continuamos coa segunda edición da sección "Que me conta...". Seguimos a orde de lista invertida, do último ao primeiro. Se empezou Lucía, agora é o turno de Jose Rodriguez. Estas foron as súas respostas:

Conto clásico favorito
"O parrulo feo", porque de pequeno era feo e de maior convírtese nun precioso cisne branco.


Persoaxe de conto que lle gustaría ser
"Gustariame ser o frautista de Hammelin, porque axuda á xente a desfacerse dos ratos do pobo".

Final de conto que cambiaría
Cambiaría o final do conto "Xoan e as xudías máxicas" "porque acaban matando ao ogro. Gustaríame que o ogro seguira vivo e se fixera amigo de Xoan".


2 comentarios:

  1. Só quero facer unha consulta: por que na sección "xogando coa lingua" só podo acceder ao "abecedario" e nos outros recursos me solicita un "plugin"? Son moi ignorante nas novas tecnoloxías. Moitas grazas. Cati

    ResponderEliminar
  2. Ola Cati, tampouco penses que eu son unha experta nas novas tecnoloxías, vou aprendendo sobre a marcha. Eu non teño problema para acceder a ningún dos xogos colgados pero esta mañá os cativos quixeron xogar dende o pc da aula e non lles deixaba. Polo visto necesitábase instalar o java para poder xogar, en menos de cinco minutiños facendo o que indicaba a pantalla instalei o programa e puideron xogar. Espero que esta resposta sexa de axuda e dime se resolviches o problema.
    Saúdos.
    Lydia

    ResponderEliminar