miércoles, 21 de septiembre de 2011

Seguimos experimentando...

Como se pode comprobar esta semana é a segunda vez que o blog cambia de imaxe, como sigamos así...
As presas por empezar a traballar co blog fixeron que o inaugurara sen ter a plantilla persoalizada. Despois decateime de que o blog de "Agrupacións escolares" usaba a mesma plantilla e rapidamente busquei outra. O criterio foi que fose atractiva pero, tal e como apuntou Pepa nos seus comentarios, as seccións da marxe tiñan pouca visibilidade.
Non sei se o comentei anteriormente pero esta é a primeira vez que administro un blog. Unha cousa e colaborar facendo entradas e outra moi distinta crear un blog de cero sen saber aínda as seccións que vas a ter e outras historias. Noutras palabras, vou aprendendo o que necesito facer sobre a marcha e como son perfeccionista se teño que votar tres horas para atopar o modo de facer o que quero, pois as voto. Así que ata que atope o diseño axeitado do blog haberá modificacións de cando en vez.
Nesta ocasión decidín que a plantilla tivese algo de cor pero con tres columnas claramente diferenciadas para distribuir mellor os contidos do blog: os referidos ao propio blog á marxe dereita e os relacionados con outros blogs, recursos, etc, á esquerda. Penso que os cambios foron a mellor pero quero saber a vosa opinión...a que estades esperando?

3 comentarios:

  1. Todo o que estás facendo está estupendo simplemente polo tempo que lle estás a dedicar, nós non o faríamos mellor. Grazas por deixarnos dalgunha maneira estar un pouquiño máis preto dos nosos fillos.

    ResponderEliminar
  2. Moito mellor ésta.
    Xa sabes que é cuestión de ir probando ata topar unha coa que te satisfaga. Non te preocupes que non vas a ser a primeira que en algún intento pouco afortunado se carga o blog, contocho xa vivín esta experiencia esta fin de semana. Jajaja!

    ResponderEliminar
  3. Graciñas polo apoio. Se hai que adicarlle horas ao blog se lle adican pero o que máis reconforta é saber que non son en balde. Aos cativos tamén lles gustou a nova imaxe do blog e a distribución das seccións e para min non pode haber recompensa mellor.

    ResponderEliminar