lunes, 19 de septiembre de 2011

Que nos conta...Lucía

Ola a tod@s!
Empezamos a segunda semana do curso cunha sección relacionada co tema que se vai traballar no centro ao longo deste curso, os contos, e que se fixo no cole no que estaba o curso pasado.
Este fin de semana os cativos da Reboraina levaron unha ficha para casa con tres preguntas sobre contos. Os resultados desta pequena enquisa irémolos colgando sucesivamente no blog. Estas son as respostas de Lucía:
Conto favorito
" O meu conto clásico favorito é Hansel e Gretel e me gusta pola casa de chocolate e lambetadas porque...a quen non lle gustan as gominolas!"

Persoaxe de conto que lle gustaría ser
"O porquiño máis grande do conto "Os tres porquiños", porque foi precavido e construiu unha casiña máis resistente ao lobo."

Final de conto que cambiaría
"Gustaríame cambiar o que lle pasou ao lobo de Carapuchiña. Querría que no lugar de afogar no río fora á universidade e se convertira no protector de Carapuchiña e a súa avoa".

2 comentarios:

  1. Que boas ideas tiveches Lucía, estaría ben saber como se desenvolve o lobo na universidade, ah!...e a mín tamén me chiflan as chuches.

    ResponderEliminar
  2. Tes toda a razón, Lucía tivo moi boas ideas. Este é un pequeno aperitivo do "curso de conto" que nos espera.

    ResponderEliminar