lunes, 14 de noviembre de 2011

Diario de...Daniel

Como xa sabedes a semana pasada saltamos un pouco a orde de lista, pero espero que a retomemos a partir de hoxe.
Quenda de Daniel. Estas foron as súas palabras:
"Hoxe a primeira hora fixemos as presentacións dos oficios dos pais e das nais. Despois fixemos unha ficha do corpo humano. En música tocamos as piñas. Logo non puiden ir ao recreo porque estiven buscando partes do corpo. En mate correximos os erros do exame. En reli copiamos na libreta o exercicio 1 da páxina 35 e por último fixemos unha lectura. Logo soou o timbre".

Daniel mellorou moito pero aínda lle quedaron algunhas cousiñas por dicir e outras por explicar mellor. Se cadra na próxima volta xa consigue o trofeo do diario.
Antes de sentar o primeiro que fixemos foi cambiar de sitio. É a segunda vez que cambiamos e haberá moitas máis ao longo do curso. Hai que cambiar de compañeiros/as, de lugar na clase...
Despois, tal e como dixo Daniel,  comezamos coas primeiras presentacións en lingua castelá, nesta ocasión falando dos oficios dos pais e das nais. Hoxe foi o turno de Diego, Irea e Lucía. A pesar de ser os primeiros e de estar nerviosos o fixeron estupendamente, ainda que o farán todavía moito mellor cando remate o curso. Grabarei todas as presentacións en video e ao final de curso levarán para casa un video con todas elas.
Pero eso non foi o único que fixemos en lingua castelá. Ademáis de varias actividades orais que fixemos entre todos, tamén estivemos traballando na libreta.
A terceira hora, en Coñecemento do Medio, fixemos unha proba para positivo, de cara a prepararnos para o exame do vindeiro luns. Só Alba conseguiu o positivo, aínda que outros andiveron moi cerca. Ademáis, estivemos cubrindo o noso historial de enfermidades do curso, pois xa levamos de todo un pouco: gastrointerites, fracturas...Falamos da diferencia entre enfermidade e lesión, dos síntomas, do tratamento, da duración, etc.
En matemáticas, efectivamente, correximos o exame da semana pasada, máis fixemos unha ficha sobre os euros.
A verdade é que foi un día completiño para ser o primeiro da semana. A ver que pasa cos que veñen a continuación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario