lunes, 7 de noviembre de 2011

O diario de...Alba

Si, ledes ben. Xa sei que saltamos a Jose e a Marey, pero hai unha explicación. Esquecín darlle o diario a Jose antes de que marchara. A seguinte posibilidade era Marey, pero os de relixión xa baixaran cando me decatei do diario. así que o levou Alba adiantándose no seu turno.

Estas son as súas palabras:
"Hoxe a primeira hora estivemos falando coa profe Lydia. A segunda hora tivemos música coa profe Isabel e estivemos practicando as cancións do magosto, a canción do neno caníval e a de Mono Liso. Despois fomos a clase e nos puxemos a facer o exame de lingua castelá. Logo tocou a serea e Irea, Jose R. Marta e Jose S. fomos a ver os partidos de balonmano. Cando acabou o recreo volvimos á clase e estivemos practicando unha canción titulada "Non chas quero" coa profe Lydia e a profe Alejandra.
Logo veu a profe Loli, de relixión, e Diego, Irea máis eu fomos coa profe Lydia a facer alternativa. Alí fixemos o libro das "Etapas da vida". Despois tocou a serea e como Jose S non estaba e Marey xa se fora tocoume a min levar o diario da nosa clase "Os cativos da Reboraina".

O diario está bastante ben pero Alba esqueceu dous acontecementos importantes do día: estreamos os cadernos de matemáticas a primeira hora e tamén o radar e os carnés ortográficos. Ata a profe estreou a súa placa da P. O. R. (Policía Ortográfica de Reboreda). A partir de hoxe a profe ten licencia para multar, xa sabedes o que hai que facer: conducir correctamente pola rúa da lectoescritura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario