jueves, 3 de noviembre de 2011

Diario de...Lucía

Polo cambio de sitios saltei sin querer a Jose Rodriguez e entregueille o diario a Lucía; mañá será a quenda de Jose.
Estas son as reflexións de Lucía sobre a xornada desta mañá:
"Esta mañá a primeira hora fixemos unhas fichas de matemáticas porque tiñamos dúas horas seguidas. Despois veu a profe Martina e repasamos as articulacións en inglés. Logo baixamos ao patio. Cando voltamos era hora de galego. Iamos facer uns traballos no libro pero nos entretivemos falando. Cando rematamos de falar xa acabara a hora. Veu a profe Luisa e tivemos Coñecemento do medio, onde fixemos unhas fichas".

A ver, a ver...Lucía empezou moi ben pero despois do recreo o cansancio debeu influir na súa memoria. Ao mellor leva o trofeo na próxima quenda. É certo que non nos deu tempo a traballar co libro de galego porque o que falamos durou máis do pensado. Non nos entretivemos falando de calquera cousa, senón de algo moi importante: AS NORMAS ORTOGRÁFICAS. Pregunteilles cal era a velocidade máxima na autopista, se os conductores a sabían e que pasaba cando non respectaban as normas. Todos entendían que non chega con saber as normas, que ademais hai que seguilas. Entón chegou o momento de falar da ortografía e de repasar o uso das maiúsculas. Xa que saben a norma entenderon que se non a aplican eu podo multarlles, coma aos conductores. Seguindo coa comparación, pediron que lles fixese uns carnés (tereinos listos para o luns), establecemos as normas de uso e acordamos que aqueles que teñan o seu carné libre de multas ao final do trimestre levarán un pequeno agasallo. A ver se tráfico toma nota e fai o mesmo cos bos conductores...
Continuamos o traballo de galego (e non de coñecemento do medio) coa chegada da profe Luisa. Había que traballar cunhas fichiñas de repaso que explicara previamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario