martes, 29 de noviembre de 2011

Os recursos das páxinas do blog...e os problemas técnicos da "blogueira"

Nunca é tarde para aprender, non si? Ata o de agora cada vez que iamos a unha das páxinas do blog para usar algún dos recursos, estes non se abrían nunha nova ventá, o que supuña dar varias voltas para voltar á páxina principal do blog.  Agora xa sei o modo de que os recursos se abran nunha ventá aparte que só hai que pechar cando se remate de xogar para voltar ao blog, e estou solucionando ese problema. De momento empecei cos recursos de galego e castelán, logo seguirán os de C.M e por último os de matemáticas.

Esta medida facilitará o uso do blog, pero tede algo de paciencia. Se estes días tiña problemas co meu pc, agora é a liña de internet da miña casa a que me anda a dificultar a tarefa de actualizar o blog. Espero que se solucionen "os meus problemas tecnolóxicos" ao longo da semana para retomar o ritmo do blog.

1 comentario:

  1. Por favor, non pidas disculpas polos "resbalóns" que te das mentras estás botando a andar este blog. Non é así como aprendemos? Graciñas por ir diante... eres un exemplo para as que imos detrás.

    NOTA: Esta é a primeira vez que poño un comentario nun blog!!!!

    Xa ves que inspiras!

    GRACIÑAS!!!

    ResponderEliminar